Concello de Carballo

Logotipo Concello de Carballo

Menú:

  • btvive
  • btinviste
  • Xeoportal
  • CarballoPortaAberta

Destacados

Liña directa
Perfil de contratante


Poboación do Concello:

Xa somos 31.161


Actualidade de Atención Cidadá

CONCELLARÍA DE CULTURA

O cine, o teatro, os libros, a lingua, as exposicións e os festivais centran a oferta de actividades do Verán Cultural 2009

O cine, o teatro, os libros, a lingua, as exposicións e os festivais centran a oferta de actividades do Verán Cultural 2009

O programa do Verán Cultural de Carballo 2009 xurde coa vocación de contar cunha oferta diversa e de calidade para diferentes públicos, así como ofrecer a todos os cidadáns de Carballo e aos visitantes que se achegan ao noso municipio durante o verán a posibilidade de enriquecer o tempo de lecer nun período de carácter especialmente lúdico. Así o expresou a Concelleira de Cultura, Belén Lendoiro, durante a presentación das actividades, que tamén serven para involucrar e dar a coñecer o traballo das principais agrupacións musicais e artísticas de Carballo. O cine, o teatro, os libros, a lingua, as exposicións e os festivais centran o programa, con citas xa tradicionais como a Praza dos Libros, o Festival Sereas e Piratas e o programa Noites de cine, ademais dos Venres Culturais.

Ler

A aula aberta da Rede de Dinamización da Sociedade da Información-Telecentro, contou con preto de 300 usos no mes de xuño

03/07/2009 A Rede de Dinamización da Sociedade da Información continuou en xuño co seu traballo a prol da inmersión dos veciños e veciñas de Carballo nas NovasTecnoloxías. No mes que remata impartíronse un total de 5 obradoiros tecnolóxicos, a través dos que se formou a 51 persoas e que se estenderon ao longo de 40 horas. Ademais, 23 persoas inscribíronse como usuarios/as da Rede para poder aproveitar -sempre de xeito gratuíto- as instalacións do Telecentro e todas as iniciativas que a Rede oferta nas horas de aula aberta, que foi utilizada nun total de 297 ocasións. En canto aos números xerais da Rede, desde que botou a andar neste concello de Carballo en xaneiro de 2007 foron xa 648 os usuarios e usuarias que fixeron o carné da RDSI. Neste tempo leváronse a cabo 53 obradoiros nos que se formou a 459 participantes. Tamén se fixeron dúas charlas e sete iniciativas, nas que participaron 40 persoas.

Ler

O pleno aproba o financiamento para un centro social en Cances e a instalación de paneis solares na piscina Vila de Noia

30/06/2009 A corporación carballesa vén de celebrar unha sesión plenaria ordinaria na que sacou adiante un suplemento de crédito por un importe de 481.866,10 euros con cargo ao remanente de tesourería. Con esta cantidade está previsto financiar parte da construción dun centro social en Cances e tamén a instalación de paneis de enerxía solar na piscina Vila de Noia da capital municipal (na imaxe). O pleno da Deputación provincial vén de aprobar o acordo para poder financiar nun 80 por certo o custe destas instalacións, con cargo a un plan de investimentos en instalacións deportivas e a un plan para edificios culturais. O Goberno local sacou adiante unha operación de crédito que permite aportar as cantidades necesarias para completar o financiamento, con 37.095 euros para os paneis solares e 64.235 para o centro social de Cances, para o que xa hai terreos dispoñibles.

Ler

Ver todas

Actualidade de Vive en Carballo

Axenda de Vive en Carballo

13/06/2009 A mostra 'O cambio climático', organizada pola Deputación da Coruña, permanece no Pazo da Cultura ata o 9 de xulloicon

04/07/2009 Arrinca a oferta musical do Verán Cultural co Festival Dúas Beirasicon

Ver todas

Ver todas


© Concello de Carballo, 2009