Actualidade de Vive en Carballo

VENRES 12 DE MARZO ÁS 21.00 HORAS

A compañía barcelonesa Titzina Teatro presenta nos Venres Culturais a obra 'Exitus'

A compañía barcelonesa Titzina Teatro presenta nos Venres Culturais a obra 'Exitus'

Despois da música de autor, o teatro volve ao programa dos Venres Culturais 2010. A compañía catalá Titzina Teatro presenta o espectáculo 'Exitus', unha obra na que un home na procura de emprego, un funerario, un directivo dun laboratorio farmacéutico e un avogado entremesturan as súas vidas sen que eles mesmos sexan conscientes do destino común que os une. Catro persoas que se enfrontan á morte desde puntos de vista tan diversos coma o dunha profesión, unha traxedia ou un acto irreversible da vida. A función é o venres 12 de marzo a partires das 21.00 horas. O prezo da entrada é de 3,5 euros, 2,5 euros con desconto. A taquilla está aberta o mesmo día da función de 19.00 a 21.00 horas. A duración prevista do espectáculo é de 85 minutos. Esta actuación conta coa colaboración da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais).

Ler

A carballesa María José Costa Valiña, 'Chiña', emprende a súa primeira exposición cunha 'Incursión ao sutil'

O cantautor Roger de Flor presenta no Pazo da Cultura o seu traballo 'Naturalidad silvestre'

Ver todas

Actualidade de Atención Cidadá

Preto de 30 mulleres asisten a un Curso de Ximnasia Pre parto organizado polo CIM Carballo

09/03/2010 Preto de 30 mulleres asisten a un Curso de Ximnasia Pre parto organizado polo CIM Carballo

Arredor de 30 mulleres asisten dende o pasado 22 de febreiro a un Curso de Ximnasia Pre parto organizado polo Centro de Información á Muller (CIM) de Carballo. A Concellaría de Igualdade e Benestar que dirixe Dores Silveira quere subliñar a elevada demanda que ten experimentado esta actividade, que está dividida en dous grupos de aproximadamente 14 alumnas. O número varía porque se rexistran novas incorporacións e baixas segundo se van producindo os partos. Unha matrona titulada imparte o cursiño os luns de 16.00 a 17.00 e de 17.00 a 18.00 horas. Ademais de practicar ximnasia relacionada co parto, tamén se inclúen coñecementos de educación maternal post parto mentres está de baixa a matrona do Centro de Saúde de Carballo. Así, o cursiño, que seguirá até o mes de xuño, consta dunha parte teórica e outra práctica.


Axenda de Atención Cidadá

10/03/2010 Xuntanza da Comisión Delegada de Deportes do Eixo Atlántico no Pazo da Culturaicon

10/03/2010 Xornada sobre os Bancos do Tempo para conmemorar o Día Internacional da Mullericon

Ver todas

Actualidade de Inviste en Carballo

O Concello e o CCA Carballo invitan aos veciños e veciñas á Feira das Oportunidades do comercio local

05/03/2010 O Concello e o CCA Carballo invitan aos veciños e veciñas á Feira das Oportunidades do comercio local

O Concello de Carballo e o Centro Comercial Aberto (CCA) da vila organizan por segundo ano consecutivo una Feira das Oportunidades na que participan un total de 30 establecementos do municipio que poñen á venda productos excedentes da temporada, moi por debaixo do prezo de mercado pero cunha excelente calidade e co prestixio engadido do comercio carballés. Esta iniciativa é a primeira e máis importante das actividades incluídas no programa do Feirón de Primavera, que, aínda que este ano cae a 30 de maio, estende no tempo as súas propostas para dinamizar o comercio e as feiras de Carballo. A Feira situarase a fin de semana do 13 e 14 de marzo nunha carpa de 1.200 metros cadrados situada no aparcamento do San Martiño e contará con 33 stands: 30 de tendas do CCA, e outros tres destinados á información e como área de descanso. O horario de apertura é de 10.00 a 21.00 horas de forma ininterrompida.


Ver todas


© Concello de Carballo, 2009